Premios Fervenzas Literarias

premi literario galego / From Wikipedia, the free encyclopedia

Os premios Fervenzas Literarias son uns premios sen dotación económica que recoñecen diversos aspectos do mundo da edición. Son uns galardóns organizados pola páxina web Fervenzas Literarias. Teñen carácter anual e celébranse dende o ano 2007. O sistema de votación é público e funciona a partir dunha enquisa aberta aos lectores entre os meses de decembro e xaneiro. A participación entre 2011 e 2014 superou as 400 votacións[1].