clase de palabra From Wikipedia, the free encyclopedia
A preposición é a clase de palabra invariable que introduce o chamado sintagma preposicional. Constitúe un nexo en tanto que liga palabras, sintagmas e ata oracións, pero subordina unha destas unidades (o elemento rexido) á anterior (elemento rexente), da cal depende a través da preposición. Preceden necesariamente a un sintagma nominal. Na análise sintáctica o sintagma preposicional divídese en dúas partes: o enlace (a preposición) e o termo (o sintagma preposicional). O seu significado é sumamente abstracto e gramatical e na lingua precursora das linguas románicas, o latín, constituíu un procedemento para evitar as imprecacións e ambigüidades do morfema de caso, alcanzando tal éxito que veu a reemprazalo nas linguas románicas.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2017.) |
En definitiva, as preposicións son unidades que funcionan como eixos de enlace e translación, poñendo en relación un antecedente con outro elemento, substantivo ou palabra ou grupo de palabras en función substantiva que se constitúen en complemento daquel e que podemos denominar 'consecuente'. As preposicións, que teñen que ir acompañadas por ser partículas nexativas relacionantes non autosemánticas, van case sempre antepostas ás palabras e, polo xeral, son formas átonas que se agrupan habitualmente coa palabra anterior formando un grupo acentual
A, aga/agás, ante, após, ata/até, baixo, bardante, cabo, canda, cas, con, conforme, consonte, contra, de, deica, dende/desde, des, durante, en, entre, excepto, fóra, malia, mediante, menos, onda, para, perante, por, quitando, sacado, sacando, salvante, salvo, segundo, sen, senón, so, sobre, tras, xunta.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.