Presión sonora
From Wikipedia, the free encyclopedia
A presión sonora ou acústica é a variación local de presión con respecto da presión atmosférica do ambiente causada por unha onda sonora. A presión sonora no ar pódese medir mediante un micrófono, mentres que na auga pódese facer mediante un hidrófono. A unidade do SI para a presión sonora p é o pascal (síbolo: Pa).
Medicións do son |
---|
Presión sonora p, SPL |
Velocidade de partícula v, SVL |
Desprazamento de partícula ξ |
Intensidade sonora I, SIL |
Potencia sonora Pac |
Nivel de potencia sonora SWL |
Enerxía sonora |
Densidade de enerxía sonora E |
Fluxo de enerxía sonora q |
Impedancia acústica Z |
Velocidade do son c |
Audiofrecuencia AF |
O nivel de presión sonora (SPL, Sound pressure level) ou nivel sonoro é unha medida logarítmica da presión sonora eficaz dun son relacionándoa cun valor de referencia. Mídese en decibelios (dB) sobre un nivel estándar de referencia. A presión de referencia "cero" comunmente empregada no aire son 20 µPa RMS, que se considera o limiar de audición humano (a 1 kHz). Esta é a unidade que empregan os sonómetros para expresar a intensidade dun son.