Presidente de Albania
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Presidente de Albania é o xefe de Estado, escollido para un período de 5 anos pola Asemblea da República por voto secreto. Necesita recibir o 50% máis un dos votos de tódolos deputados. O actual presidente é Bujar Nishani, escollido en xullo de 2012.
O presidente ten poder para garantir a observación da constitución do país e todas as leis, e tamén é o comandante en xefe das forzas armadas. Exerce os poderes da Asemblea da República mentres esta no estea en sesión.