No Brasil , o presidente da República exerce o papel de xefe de estado e tamén o de xefe de goberno . Así ten sido dende o comezo da república, en 15 de novembro de 1889 , excepto nun curto período en que vixiu o parlamentarismo , de 1961 ata 1963 , cando era presidente João Goulart .
Bandeira da presidencia do Brasil.
Algunhas observacións:
Un dos presidentes brasileiros, Francisco de Paula Rodrigues Alves , foi elixido en dúas ocasións, pero faleceu antes de asumir o goberno por segunda vez.
Outro dos presidentes, Getúlio Vargas , gobernou en dúas ocasións: na primeira, de 1930 ata 1945 , como interventor e despois como ditador . Na segunda ocasión, de 1951 ata 1954 , gobernou como presidente electo.
Un dos presidentes do Brasil foi electo pero non chegou a gobernar, pois foi deposto antes de asumir o poder, en 1930 : Júlio Prestes .
Un presidente civil foi escollido polo Congreso pero non gobernou, pois adoeceu na véspera de asumir o poder: Tancredo Neves . Tancredo estivo doente de 14 de marzo ata 21 de abril de 1985 cando faleceu. No seu lugar, asumiu no día 15 de marzo de 1985 o vicepresidente escollido polo Congreso, José Sarney .
De 1 de abril de 1964 ata 15 de marzo de 1985 o Brasil foi gobernado por militares escollidos indirectamente polo Congreso. Era unha forma de disfrazar unha ditadura que existía na práctica, xa que moitos deputados e outros políticos tiveron os seus dereitos políticos suspensos neste período. O ciclo militar após 1964 encerrouse en 1985 , cando un civil, Tancredo Neves , foi escollido como presidente, a pesar de non ter gobernado.
Dende 1989 as eleccións directas para presidente da república foron restabelecidas no Brasil. Foron elixidos directamente desde entón: Fernando Collor de Mello , Fernando Henrique Cardoso (reelixido para un segundo mandato) e Luiz Inácio Lula da Silva .
Fernando Collor de Mello , elixido en 1989 e que asumiu en 15 de marzo de 1990 foi o primeiro presidente do Brasil a sufrir proceso de impeachment (impedimento).
Dilma Rousseff foi a primeira presidente muller do Brasil, e tamén sufriu impeachment.
Os presidentes Itamar Franco , Lula da Silva , Fernando Henrique Cardoso e José Sarney na Cidade do Vaticano .
Esta é a lista dos presidentes do Brasil :
Máis información #, Presidente ...
#
Presidente Inicio do goberno Fin do goberno Vicepresidente(s)
1 Deodoro da Fonseca 15 de novembro , 1889 23 de novembro , 1891 Floriano Peixoto
2 Floriano Peixoto 23 de novembro , 1891 15 de novembro , 1894 -
3 Prudente de Morais 15 de novembro , 1894 15 de novembro , 1898 Manuel Vitorino
4 Campos Sales 15 de novembro , 1898 15 de novembro , 1902 Rosa e Silva
5 Francisco de Paula Rodrigues Alves 15 de novembro , 1902 15 de novembro , 1906 Silviano Brandão/ Afonso Pena
6 Afonso Pena 15 de novembro , 1906 14 de xuño , 1909 Nilo Peçanha
7 Nilo Peçanha 14 de xuño , 1909 15 de novembro , 1910
8 Hermes da Fonseca 15 de novembro , 1910 15 de novembro , 1914 Venceslau Braz
9 Venceslau Brás 15 de novembro , 1914 15 de novembro , 1918 Urbano Santos
- Francisco de Paula Rodrigues Alves Foi elixido, pero faleceu antes de exercer o goberno por segunda vez. Delfim Moreira
10 Delfim Moreira 15 de novembro , 1918 28 de xullo , 1919 -
11 Epitácio Pessoa 28 de xullo , 1919 15 de novembro , 1922 Delfim Moreira/ Bueno de Paiva
12 Artur Bernardes 15 de novembro , 1922 15 de novembro , 1926 Estacio Coimbra
13 Washington Luís 15 de novembro , 1926 24 de outubro , 1930 Melo Viana
- Julio Prestes Foi deposto pola revolución de 1930 antes de exercer o goberno. Vital Soares
- Augusto Fragoso Isaías de Noronha Mena Barreto 24 de outubro de 1930 3 de novembro de 1930 -
14 Getúlio Vargas 3 de novembro , 1930 29 de outubro , 1945 -
15 José Linhares 29 de outubro , 1945 31 de xaneiro , 1946 -
16 Gaspar Dutra 31 de xaneiro , 1946 31 de xaneiro , 1951 Nereu Ramos
17 Getúlio Vargas 31 de xaneiro , 1951 24 de agosto , 1954 Café Filho
18 João Café Filho 24 de agosto , 1954 9 de novembro , 1955 -
19 Carlos Luz 9 de novembro , 1955 11 de novembro , 1955
20 Nereu de Oliveira Ramos 11 de novembro , 1955 31 de xaneiro , 1956
21 Juscelino Kubitschek 31 de xaneiro , 1956 31 de xaneiro , 1961 João Goulart
22 Jânio Quadros 31 de xaneiro , 1961 25 de agosto , 1961 João Goulart
23 Ranieri Mazzilli 25 de agosto , 1961 7 de setembro , 1961
24 João Goulart 7 de setembro , 1961 1 de abril , 1964
25 Ranieri Mazzilli 2 de abril , 1964 15 de abril , 1964
26 Castelo Branco 15 de abril , 1964 15 de marzo , 1967 José Maria Alckmin
27 Costa e Silva 15 de marzo , 1967 31 de agosto , 1969 Pedro Aleixo
-
Aurélio de Lira Tavares
Augusto Rademaker
Márcio de Sousa Melo
31 de agosto , 1969
30 de outubro , 1969
28 Garrastazú Medici 30 de outubro , 1969 15 de marzo , 1974 Augusto Rademaker
29 Ernesto Geisel 15 de marzo , 1974 15 de marzo , 1979 Adalberto Pereira dos Santos
30 João Baptista Figueiredo 15 de marzo , 1979 15 de marzo , 1985 Aureliano Chaves
- Tancredo Neves Primeiro civil escollido polo Congreso cando do fin do réxime militar, pero faleceu antes de exercer o goberno. José Sarney
31 José Sarney 15 de marzo , 1985 15 de marzo , 1990 -
32 Fernando Collor 15 de marzo , 1990 29 de decembro , 1992 Itamar Franco
33 Itamar Franco
29 de decembro , 1992 1 de xaneiro , 1995 -
34 Fernando Henrique Cardoso 1 de xaneiro , 1995 1 de xaneiro , 2003 Marco Maciel
35 Luiz Inácio Lula da Silva 1 de xaneiro , 2003 1 de xaneiro , 2011 José Alencar
36 Dilma Rousseff 1 de xaneiro , 2011 31 de agosto , 2016 Michel Temer
37
Michel Temer
31 de agosto , 2016
1 de xaneiro , 2019
-
38
Jair Bolsonaro
1 de xaneiro , 2019
31 de decembro , 2022
Hamilton Mourão
39
Luiz Inácio Lula da Silva
1 de xaneiro , 2023
Geraldo Alckmin
Pechar