Presión
forza aplicada sobre unha superficie / From Wikipedia, the free encyclopedia
Presión é a propiedade física que corresponde á forza aplicada sobre unha superficie (real ou imaxinaria).
Máis formalmente, a presión é a medida da compoñente normal da forza que actúa sobre unha superficie (área):
- ou
onde:
Aínda que a forza sexa unha magnitude vectorial, a presión é unha cantidade escalar, isto é, non ten dirección. A unidade no SI para medir a presión é o pascal (Pa), equivalente a unha forza de 1 newton por unha área de 1 metro cadrado (N/m2). A presión exercida pola atmosfera ao nivel do mar corresponde a 101 325 Pa, e ese valor é normalmente asociado a unha unidade chamada atmosfera patrón.
A presión relativa defínese como a diferenza entre a presión absoluta e a presión atmosférica. O aparello destinado a medir a presión relativa é o manómetro. A presión atmosférica mídese cun barómetro.
Para informacións sobre a presión interna exercida polo sangue no organismo humano, vexa presión arterial.