Primeira División de Venezuela
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Primeira División de Venezuela é a competición de máximo nivel da liga profesional de fútbol que se disputa en Venezuela, organizada pola Federación Venezolana de Fútbol. Recibe o nome de Primeira División de Venezuela - Copa Movilnet por mor do seu patrocinador principal.
Primeira División de Venezuela | |
---|---|
Fundación | 1957 |
Rexión | Venezuela |
Equipos | 18 |
Actual campión | D.Táchira (7º título) |
Máis laureado | Caracas FC (11) |
Sitio web | Páxina oficial |
Aínda que existía un campionato nacional afeccionado en Venezuela dende 1921, o actual campionato profesional naceu en 1957. Nos seus comezos foi un torneo de rivalidade entre as distintas comunidades de inmigrantes, representadas por clubs como Club Deportivo Portugués, Club Deportivo Español, Deportivo Vasco, Deportivo Italia, Catalonia, Deportivo Galicia, Unión Deportiva Canarias ou Deportivo Celta. A partir dos anos 60 participaron equipos de fóra de Caracas, sendo o Lara Fútbol Club o primeiro en acadar o título de campión en 1965.
Malia non ser un torneo poderoso dentro da Conmebol, o nivel dos seus clubs ten medrado dende comezos dos anos 90. Os clubs máis laureados na historia do campionato son o Caracas Fútbol Club (11 títulos) e o Deportivo Táchira (7 títulos), seguidos de varios clubs con 5 e 4 títulos. O primeiro campión foi o Universidad Central, mentres que o campión actual é o Deportivo Táchira.
Na actualidade 18 equipos disputan 2 torneos, Apertura e Clausura. O torneo Apertura dispútase na segunda metade do ano, mentres que o torneo Clausura dispútase na primeira metade do seguinte ano. Os dous gañadores disputan unha final ó remate da tempada para definir cal é o campión nacional.