Primeira División do Uruguai
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Primeira División do Uruguai é o torneo mais importante do fútbol profesional no Uruguai, organizado pola Asociación Uruguaia de Fútbol. Aínda que o primeiro campionato ligueiro de fútbol neste país disputouse en 1900, até 1931 todos foron torneos de afeccionados. Foi a partir da edición de 1932 cando nace o profesionalismo no fútbol do Uruguai.
A primeira división do campionato uruguaio de fútbol está dominada tradicionalmente por dous equipos, o Club Atlético Peñarol e o Club Nacional de Football, ámbolos dous da cidade de Montevideo. Os dous clubs manteñen unha rivalidade acérrima. O Peñarol acadou 47 títulos nas súas 109 participacións, mentres que o Nacional acadou 45 títulos en 110 tempadas.
O actual campión é o Nacional, que acadou o campionato tras gañar o Torneo Apertura e a Táboa Anual, e vencendo nun encontro final ó Peñarol, de xeito que gañou o título da tempada 2014-15.