Primeira división española de fútbol
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Campionato Nacional de Liga de Primeira División, máis coñecido como Primeira División e debido a motivos de patrocinio como LaLiga EA Sports, é a máxima categoría masculina da liga española de fútbol e a principal competición a nivel de clubs de España. É organizada pola Liga de Fútbol Profesional (LFP) dende 1984, cando sucedeu á Real Federación Española de Fútbol (RFEF). Comezou a desputarse na tempada 1928-29 e desde entón celebrouse sen interrupcións, a excepción dos paróns durante a guerra civil, entre 1936 e 1939, e a pandemia por coronavirus en 2020.
Primeira División | |
---|---|
Fundación | 10 de febreiro de 1929 |
Rexión | España |
Confederación | UEFA |
Equipos | 20 |
Copa | Copa do Rei |
Descenso | Segunda División |
Internacional | UEFA Champions League UEFA Europa League UEFA Conference League |
Actual campión | Atlético de Madrid (11º título) |
Máis laureado | Real Madrid (34 títulos) |
Televisión | Movistar LaLiga Gol |
Organizador | Liga de Fútbol Profesional (LFP) |
Sitio web | www.lfp.es |
Primeira División 2023–24 |
A Primeira División é, xunto coa Segunda División, unha das dúas únicas categorías con status profesional en España, baixo o amparo da LFP. Está considerada unha das cinco grandes ligas europeas[1], ocupando o primeiro posto do coeficiente UEFA por diante da Premier League inglesa, a Serie A italiana, a Bundesliga alemá e a Ligue 1 francesa. Por outra parte, é considerada como a mellor liga do mundo segundo o ránking anual oficial da IFFHS[2], posto que ocupa de manera consecutiva dende 2010. É, ademais, o segundo campionato nacional con máis títulos en competicións internacionais a nivel mundial e o primeiro de Europa, cun total de 78 títulos conseguidos por 9 clubs.
Un total de 63 equipos pasaron pola categoría ao longo da súa historia, sendo campións só 9 equipos. Real Madrid e Barcelona son os claros dominadores do torneo con 34 e 26 ligas respectivamente. Os outros sete campións son Atlético de Madrid (11), Athletic (8), Valencia (6), Real Sociedad (2) e Deportivo, Sevilla e Betis (1).