Primeira división española 1928/29
From Wikipedia, the free encyclopedia
A tempada 1928/29 da Primeira división española foi a primeira tempada da máxima categoría da Liga española de fútbol. O campionato comezou o 10 de febreiro de 1929 e concluíu o 30 de xuño de 1929.
O primeiro campión de Liga foi o FC Barcelona. O título decidiuse na última xornada, ao gañar o Barcelona ao Real Unión e perder o Real Madrid ante o Athletic de Bilbao. Non houbo descensos, pois o pechacancelas, o Racing de Santander venceu a promoción de permanencia ao campión de Segunda División, o Sevilla FC. Nesta edición non houbo ningún club galego na categoría.
O primeiro tanto da historia da Liga foi obra de José Pitus Prat, extremo do Español, durante o encontro entre o seu club e o Real Unión de Irún que concluíu con 3-2 a favor dos cataláns. Alfonso Olaso, xogador do Atlético de Madrid, foi o primeiro xogador en marcar un gol en propia meta en Liga, fronte ao Arenas de Getxo na primeira xornada do campionato.