Primeira división española 2005/06
From Wikipedia, the free encyclopedia
A tempada da primeira división española 2005/06 de fútbol comezou o 27 de agosto de 2005 e concluíu o 20 de maio de 2006, coa disputa do partido atrasado entre o Athletic de Bilbao e o FC Barcelona, intranscendente xa para a clasificación final. O Barcelona conseguiu revalidar o título conseguido a tempada anterior. Por primeira vez na historia da liga, o campión cantou o alirón durante o descanso do seu propio partido, mercé á derrota do Valencia CF fronte ao RCD Mallorca. O Osasuna conseguiu a súa primeira clasificación para unha edición da Liga de Campións da UEFA, e o Celta de Vigo logrou a clasificación para a Copa da UEFA coa condición de recentemente ascendido, sendo a sétima vez que ocorre na liga. O Málaga CF, o Cádiz CF e o Deportivo Alavés non conseguiron a permanencia na categoría e descenderon á segunda división española.
Tipo | Primeira División Española |
---|---|
Deporte | fútbol |
Organizador | Real Federación Española de Fútbol |
Liga inferior | Segunda división española 2005/06 |
Número de participantes | 20 |
Participantes | |
Futbol Club Barcelona, Real Madrid Club de Fútbol, Valencia CF, Club Atlético Osasuna, Sevilla Fútbol Club, Real Club Celta de Vigo, Villarreal Club de Fútbol, Deportivo da Coruña, Getafe CF, Atlético de Madrid, Real Zaragoza, Athletic Club, RCD Mallorca, Real Betis Balompié, RCD Espanyol, Real Sociedad de Fútbol, Racing de Santander, Deportivo Alavés, Cádiz CF e Málaga Club de Fútbol | |
Localización e Datas | |
País | España |
Período de tempo | tempada 2005-2006 |
Intervalo de tempo | 27 de agosto de 2005 – 20 de maio de 2006 |
Número de edición | 75 |
Competición | |
Primeiro posto | Futbol Club Barcelona |
Datos estatísticos | |
Partidos | 380 |
Goles | 936 |