Primeiro Imperio Francés
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Primeiro Imperio Francés (Premier Empire en francés) é o réxime instaurado en Francia por Napoléon Bonaparte para substituír o Consulado. Comeza o 18 de maio de 1804 cun decreto do senado (senadoconsulto) que proclama a Napoléon Bonaparte "emperador dos franceses", e remata en abril de 1814 coa abdicación de Napoléon e o seu desterro á illa de Elba). Tras este período instaurouse decontado a Primeira Restauración, interrompida polo episodio dos Cen Días do 20 de marzo ao 22 de xuño de 1815.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2016.) |
Empire Français (fr) | |||||
Himno | Chant du départ (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Capital | París | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 44.000.000 (1812) (20,95 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua francesa | ||||
Relixión | catolicismo | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 2.100.000 km² | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 18 de maio de 1804 | ||||
Disolución | 14 de abril de 1814 | ||||
Sucedido por | Restauración Francesa e Moresnet (pt) | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | monarquía dual | ||||
• Emperor of the French (en) | Napoleón I de Francia (1804–1814) Napoleón I de Francia (1815–1815) | ||||
Moeda | franco francés | ||||
Baixo o primeiro imperio tiveron lugar en Europa as chamadas guerras revolucionarias, ou a segunda guerra dos Cen Anos segundo as fontes, guerras coñecidas baixo o nome de Guerras Napoleónicas. Grazas ás súas vitorias e alianzas militares Napoléon Bonaparte deu expandido o Imperio sobre a case totalidade da Europa continental. Así mesmo, o destino do Imperio estivo intimamente vinculado ao do seu exército.
Por outra banda, o Primeiro Imperio desenvolveuse nun período que deixou gran calado na historia das institucións francesas. Deste xeito, en 1801, foi asinado un primeiro concordato con Pío VII, en 1804 foi promulgado o Código Civil de Francia, tamén coñecido como Code Napoléon, e máis en 1808 foi creada a Universidade, unha institución dependente do Estado. Amais destes cambios na vida política francesa, tamén foron realizadas grandes obras públicas durante este periplo.