Mónaco
From Wikipedia, the free encyclopedia
Mónaco (en francés: Monaco, en monegasco: Múnegu, en italiano: Monaco, en occitano: Mónegue), oficialmente Principado de Mónaco (en francés: Principauté de Monaco, en monegasco: Principatu de Múnegu, en italiano: Principato di Monaco, en occitano: Principat de Mónegue) é unha cidade-estado situada ao sur de Francia na costa mediterránea, en Europa. Cunha superficie de 1,9 km² é o segundo país máis pequeno do mundo, despois da Cidade do Vaticano. Debido a ese pequeno tamaño posúe soamente pouco máis de catro quilómetros de fronteira, todas con Francia, aínda que se atopa bastante preto de Italia a 11 km. Cos seus máis de 30.000 cidadáns é o estado soberano con maior densidade de poboación do mundo, chegando practicamente aos 17.000 habitantes por km².
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2016.) |
Principauté de Monaco (fr) Prinçipato de Mónego (lij) Monaco (fr) Prinçipatu de Mu̍negu (lij-mc) Principat de Mónegue (oc) | |||||
Himno | Hymne Monégasque | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Deo juvante (en) » | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Monaco-Ville | ||||
Contén a división administrativa | comuna de Mónaco (1918–) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 38.350 (2020) (18.985,15 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua francesa | ||||
Relixión | Igrexa católica e catolicismo | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 2,02 km² | ||||
Bañado por | Mar Mediterráneo e Mar de Liguria | ||||
Punto máis alto | Chemin des Révoires (pt) (161 m) | ||||
Punto máis baixo | Mar Mediterráneo (0 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 8 de xaneiro de 1297 | ||||
Sucedido por | Alpes-Maritimes (en) | ||||
Santo padrón | Devota | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | monarquía constitucional monarquía hereditaria | ||||
• Príncipe | Alberte II de Mónaco (2005–) | ||||
Órgano executivo | Council of Government (en) | ||||
• Ministro | Pierre Dartout (pt) (2020–) | ||||
Órgano lexislativo | Conselho Nacional de Mónaco (pt) , (Escano: 24) | ||||
Máxima autoridade xudicial | Supremo Tribunal do Mónaco (pt) | ||||
Membro de | Organización Mundial da Saúde Consello de Europa Organización Hidrográfica Internacional Unión Internacional de Telecomunicacións (1908–) UNESCO (1949–) Interpol (1950–) União Postal Universal (pt) (1955–) Francofonía (1970–) Organización para a Seguridade e a Cooperación en Europa (1973–) Visa Waiver Program (1991–) ONU (1993–) Organización Meteorolóxica Mundial (1996–) International Civil Defence Organisation (en) (1996–) Eurocontrol (1997–) Organização para a Proibição de Armas Químicas (pt) (1997–) | ||||
PIB nominal | 8.596.156.574 $ (2021) | ||||
Moeda | euro | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 98000 | ||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .mc | ||||
Prefixo telefónico | +377 | ||||
Teléfono de emerxencia | 112, 17 e 18 | ||||
Código de país | MC | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | mairie.mc | ||||
Mónaco é unha monarquía constitucional e un Principado gobernado pola Casa de Grimaldi dende o ano 1297, sendo hoxe o Xefe de Estado o Príncipe Alberte II. Con todo, a pesar de ser un estado independente, a defensa do Principado é responsabilidade do Estado francés. Mónaco é o nome do país, así como o nome da súa única cidade e capital. A miúdo é considerado como un paraíso fiscal, sendo a maioría dos seus habitantes xente rica de países estranxeiros, os cales supoñen en torno ao 84% da poboación.