Procopio de Cesarea
From Wikipedia, the free encyclopedia
Procopio (en latín, Procopius, en grego Προκόπιος), nado cara ao 500 e finado cara ao 565, foi un dos máis eminentes historiadores bizantinos.
Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Nome orixinal | (la) Procopius Caesarensis |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 490 ↔ 507 Cesarea Marítima (Imperio Bizantino) |
Morte | c. 565 Constantinopla |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Imperio Bizantino |
Actividade | |
Ocupación | historiador , avogado , escritor |
Lingua | Grego medieval (pt) e Grego antigo |
Obra | |
Obras destacables
| |
Pechar
Acompañou ao xeneral bizantino Belisario nas guerras do emperador Xustiniano, e se converteu no principal historiador bizantino do século VI, escribindo Ὑπὲρ τῶν Πολέμων Λόγοι, Hypèr tōn Polémon Lógoi (en galego, A historia das guerras); Περὶ Κτισμάτων, Perì Ktismáton (Os edificios) e Ἀπόκρυφη Ἱστοροα, Apókryphe Historía (Historia arcana ou Historia secreta). É comunmente clasificado como o derradeiro gran historiador do mundo antigo occidental.