Profesión
ocupación que require coñecementos especializados / From Wikipedia, the free encyclopedia
O uso común de profesión ten diferentes acepcións, entre elas: emprego, facultade ou oficio que cada un ten e exerce publicamente. As profesións son ocupacións que requiren dun coñecemento especializado, unha capacitación educativa de alto nivel, control sobre o contido do traballo, organización propia, autorregulación, altruísmo, espírito de servizo á comunidade e elevadas normas éticas.
Xeralmente acéptase que unha profesión é unha actividade especializada do traballo dentro da sociedade, e á persoa que a realiza denomínaselle: profesional. Refírese a miúdo especificamente a unha facultade, ou capacidade adquirida tras unha aprendizaxe que pode estar relacionado aos campos que requiren estudos de:
- Formación profesional, onde se adquiren os coñecementos especializados respectivos para exercer unha ocupación ou oficio; ou a
- Estudos universitarios, posgrao ou licenciatura, tales como a psicoloxía, dereito, medicina, instrumentación cirúrxica, enfermaría, arquitectura, contabilidade , enxeñaría, ou a militar.
Refírese, xeralmente, á natureza da ocupación, do emprego e á forma de exercelo que ten esa persoa. A profesión aborda o desempeño da práctica e a disciplina preocúpase do desenvolvemento do coñecemento enriquecendo a profesión desde a súa esencia, e profundando o sustento teórico da práctica.