Programación linear
From Wikipedia, the free encyclopedia
A programación linear é o campo da optimización matemática dedicado a maximizar ou minimizar (optimizar) unha función linear, denominada función obxectivo, de tal xeito que as variables desa función estean suxeitas a unha serie de restricións expresadas mediante un sistema de inecuacións tamén lineares. Os métodos máis empregados para resolver problemas de programación linear son algoritmos de pivote, en particular os algoritmos simplex.