Proteína fibrosa
From Wikipedia, the free encyclopedia
As proteínas fibrosas (ou fibrilares ou filamentosas), tamén chamadas escleroproteínas, son proteínas de forma alongada e insolubles con función estrutural. Constitúen un dos grandes tipos estruturais de proteínas, xunto coas proteínas globulares.
Exemplos son as queratinas, o coláxeno, a elastina, e a fibroína. As funcións exercidas por estas proteínas son estruturais, como o sostén, protección, formación do tecido conectivo, tendóns, tecido óseo, e tecido muscular.[1][2][3]