Proteína A/G
From Wikipedia, the free encyclopedia
A proteína A/G é unha proteína de fusión recombinante que combina os dominios de unión á IgG da proteína A e a proteína G.[1] Utilízase para a purificación de proteínas e a medición de anticorpos.[2][3] A proteína A/G contén catro dominios de unión ao Fc da proteína A e dous da proteína G, dando lugar a unha masa final de 50 460 daltons. A unión da proteína A/G é menos dependente do pH que a proteína A, pero polo demais ten as propiedades aditivas das proteínas A e G.
A proteína A/G únese a todas as subclases de IgG humanas, o que a fai útil para purificar anticorpos policlonais ou monoclonais IgG, cuxas subclases non foron determinadas. Ademais, únese á IgA, IgE, IgM e, en menor medida, IgD. A proteína A/G tamén se une a todas as subclases de Ig de rato, pero non se une a IgM, IgA de rato ou albumina sérica.[4] Isto permite que a proteína A/G se use para a purificación e detección de anticorpos IgG monoclonis de rato, sen interferencias das IgA, IgM e albumina sérica. Os anticorpos monoclonais de rato teñen comunmente unha máis forte afinidade coa proteína quimerica A/G que coa proteína A ou coa proteína G.[5] A proteína A/G foi tamén utilizada para a purificación de IgG de macaco.[6] A proteína A/G tamén se une ás proteínas de unión ao ADN Ku e PARP-1.[7]