Protociencia
From Wikipedia, the free encyclopedia
En filosofía da ciencia, o termo protociencia (do grego antigo πρῶτος, protos, 'primeiro', 'inicial', e ciencia) úsase para describir unha nova área de esforzo científico en proceso de consolidación. É dicir, inscribe os campos de investigación nun continuum temporal: é protocientífico o que podería, no porvir, integrarse na ciencia, ou non integrarse.[1]
Ás veces os escépticos científicos refíerense ás protociencias como ciencias patolóxicas.
O termo protociencia úsase tamén ás veces para describir unha hipótese que aínda non foi probada adecuadamente polo método científico, pero que é polo demais consistente coa ciencia existente ou que, onde non o é, indícao abertamente á espera de novos feitos ou investigacións.
As protociencias poden seren disciplinas ou campos do saber nun estadio anterior ao de seren consideradas ciencias; as hipóteses presentadas poden estar ou non de acordo coas evidencias coñecidas no momento, porque as predicións asociadas ás mesmas aínda non se comprobaran empiricamente ou non poidan selo debido a limitacións tecnolóxicas. Exemplos neste sentido serían a teoría da relatividade xeral, que empezou sendo unha protociencia e hoxe está considerada como ciencia, ou a teoría de cordas, considerada hoxe en día unha protociencia á espera de verificación experimental.
En sentido histórico, considérase protociencias a disciplinas como a astroloxía ou a alquimia, que deron paso á astronomía e á química coa aparición do método científico. Porén, a negativa dos seus practicantes a aceptar dito método fai que hoxe en día sexan consideradas pseudociencias.[2]