Provincia de Pontevedra
provincia galega / From Wikipedia, the free encyclopedia
Pontevedra é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833. Limita ao norte coa provincia da Coruña, ao leste coa provincia de Ourense e a provincia de Lugo, ao sur con Portugal e ao oeste co océano Atlántico. A súa capital é a cidade de Pontevedra, con 82.828 habitantes en 2022, sendo Vigo a súa maior cidade cunha poboación de 292.374 habitantes (2022). É a provincia máis pequena e a segunda máis poboada de Galicia trala da Coruña.

![]() | |
Capital | Pontevedra |
Área | 4.494,64 km² |
Poboación | 942.665 (2021) |
Densidade | 210,32 hab./km² |
Concellos | 61 |
Xentilicio | Pontevedrés, Pontevedresa |