Proxección de Mercator
From Wikipedia, the free encyclopedia
A proxección de Mercator é un tipo de proxección cartográfica ideada por Gerardus Mercator en 1569 para elaborar mapas da superficie terrestre. Foi moi empregada dende o século XVIII para cartas náuticas porque permitía trazar as rutas de rumbo constante ou loxodrómicas como liñas rectas e ininterrompidas, a diferenza doutras proxeccións máis precisas.
É un tipo de proxección cilíndrica tanxente ao ecuador. Como tal, deforma as distancias entre os meridianos en liñas paralelas, aumentando o seu largo real cada vez máis a medida que se achega aos polos.
Esta proxección tampouco respecta as formas reais entre os paralelos, amplíaa ao longo, cada vez máis a medida que se achega aos polos, distorsionando as áreas próximas aos polos aínda máis, notándose a diferenza coa proxección cilíndrica equidistante, que si respecta distancias entre paralelos e ten só as deformacións meridionais da proxección.