Proximidades Barcelona - Wikiwand
For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Proximidades Barcelona.

Proximidades Barcelona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Viaduto de Proximidades en Cornellà de Llobregat.
Viaduto de Proximidades en Cornellà de Llobregat.
Tren de Proximidades Renfe
Tren de Proximidades Renfe

Proximidades Barcelona (en catalán: Rodalia de Barcelona) é un servizo de transporte público de trens de proximidades na área metropolitana de Barcelona. Hai dúas compañías que ofrecen servizos de proximidades: Ferrocarrils de la Generalitat de Catalunya (FGC) e Rodalies de Catalunya operado por Renfe Operadora.

Renfe opera os servizos para as liñas de largo ibérico propiedade de Adif. Desde o 1 de xaneiro de 2010 a Generalitat de Cataluña xestiona o servizo de Renfe Proximidades en Cataluña.[1] Anteriormente ao traspaso do servizo, Renfe explotaba a rede baixo a denominación de Rodalies Barcelona ou Proximidades Barcelona

e actualmente o nome comercial utilizado é Rodalies de Catalunya
.

Os billetes están integrados ao sistema tarifario, coordinado a través da Autoritat del Transport Metropolità[2] (ATM) e permite enlazar a outras liñas de proximidades FGC-Renfe e co metro, tranvía e autobuses.

Servizos

Hai 17 servizos, 8 de Rodalies de Catalunya xestionados por Renfe e 9 por FGC. Todas as liñas de FGC parten de Plaça de Catalunya ou Plaça Espanya. As dúas redes enlazan na estación de Bellvitge/Gornal, en Martorell ou Martorell Central, en Plaça de Catalunya e en Sant Cugat del Vallès/Volpelleres; e nun futuro ás estacións de Terrassa-Estació del Nord e Sabadell-Plaça Espanya.

Redes de proximidades de Renfe e FGC
Redes de proximidades de Renfe e FGC
Línies de Rodalies
Nome << >> Operadora Primeiro servizo Servizo actual Estacións Lonxitude (km) Largo (mm)
Molins de Rei Maçanet-Massanes Renfe 1848 1980 31 90 1.668
Castelldefels Granollers Centre Renfe 1980 32 133 1.668
Aeroport Maçanet-Massanes Renfe 1.668
Sant Vicenç de Calders Estación de França Renfe 1.668
l'Hospitalet de Llobregat Vic / Puigcerdà / la Tor de Querol Renfe 1980 34 77 1.668
Sant Vicenç de Calders Manresa Renfe 1980 39 1.668
Pl. Espanya Manresa-Baixador FGC 1912 28 1.000
Pl. Espanya Igualada FGC 1912 29 1.000
Pl. Espanya Manresa-Baixador FGC 2013 20 1.000
Pl. Espanya Igualada FGC 2013 21 1.000
l'Hospitalet de Llobregat Martorell Renfe 2005 14 44 1.668
Martorell Granollers Centre Renfe 26 de xuño de 2011 8 38 1.668
Pl. Catalunya Terrassa-Rambla FGC 1863-1919 16 1.435
Pl. Catalunya Sabadell-Rambla FGC 1863-1922 17 1.435
Pl. Catalunya Rubí FGC 14 1.435
Pl. Catalunya Universitat Autònoma FGC 14 1.435
Pl. Espanya Can Ros FGC 1912 15 1.000
Pl. Espanya Olesa de Montserrat FGC 1912 24 1.000
Pl. Espanya Martorell-Enllaç FGC 1912 22 1.000

Material motor

Renfe Operadora

  • 463, 464 e 465: Material Civia, fabricados por CAF e Alstom, os máis modernos que circulan.
  • 447: prestan servizo en tódalas liñas que son explotadas por Renfe Operadora.
  • 440: Serie máis antiga do núcleo de Barcelona. Neste núcleo circulan tanto unidades 440 reformadas como sen reformar.
  • 450/451: Trens de dous pisos de 6 coches no caso dos 450 e de 3 no caso dos 451.

FGC

  • 111 FGC
  • 112 FGC
  • 211 FGC
  • 213 FGC: foron construídas por CAF e a antiga Adtranz. Están preparadas para circular por vías de ancho métrico, teñen 108 prazas sentadas e alcanzan unha velocidade máxima de 90 km/h. Prestan servizo nas liñas R-5 e R-6.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Proximidades Barcelona
Listen to this article