Puído
From Wikipedia, the free encyclopedia
O puído (do latín politus e este de polire, puír, suavizar, decorar, embelecer) é a acción e o efecto de alisar e dar lustre e tersura a un obxecto, até dotalo dunha superficie satinada ou brillante. Os procedementos para conseguilo son distintos procesos industriais, como a abrasión (manual ou mecánica) ou o endurecemento por deformación (coa utilización dun bruñidor).