Péndulo
From Wikipedia, the free encyclopedia
En mecánica, un péndulo é un dispositivo formado por un obxecto suspendido dun punto fixo e que oscila dun lado a outro baixo a influencia da gravidade. O brazo executa movementos alternados en torno da posición central, chamada posición de equilíbrio. O péndulo é moi utilizado en estudos da forza peso e do movemento oscilatorio, así como mecanismos, como certos reloxos.
A descuberta da periodicidade do movemento pendular foi feita por Galileo Galilei. O movemento dun péndulo simple comprende basicamente unha magnitude chamada período (simbolizada por T): é o intervalo de tempo que o obxecto leva para percorrer toda a traxectoria (ou sexa, retornar a súa posición orixinal de lanzamento, unha vez que o movemento pendular é periódico). Derivada desa magnitude, existe a frecuencia (f), numericamente igual ao inverso do período (f = 1 / T), e que polo tanto se caracteriza polo número de veces (ciclos) que o obxecto percorre a traxectoria pendular nun intervalo de tempo específico. A unidade da frecuencia no SI é o hertz, equivalente a un ciclo por segundo (1/s).