From Wikipedia, the free encyclopedia
A píllara dourada siberiana,[2] nalgunhas fontes píldora dourada siberiana,[3][4] (Pluvialis fulva) é unha especie de ave da orde dos caradriformes, suborde dos caradrios e familia dos carádridos, unha das catro integradas no xénero Pluvialis.
Pluvialis fulva Píllara dourada siberiana | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Pluvialis fulva en plumaxe reprodutora en Alasca
| |||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Pluvialis fulva Gmelin, (1789) | |||||||||||||||||||
Área de distribución de Pluvialis fulva Área de cría. Área de migración. Área de invernada. Errante (estacionalidade incerta). | |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
|
É unha ave costeira migratoria que se reproduce durante o verán en Alasca e Siberia. Durante a época non reprodutiva, esta píllara de tamaño mediano migra cara ao Pacífico.
A especie foi descrita en 1789 polo naturalista e químico alemán Johann Friedrich Gmelin,[5][6][7] baixo o nome de Charadrius fulvus.[5]
Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[5]
Para a do xénero, ver Pluvialis.
O epíteto específico, fulva, é o nominativo feminino singular do adxectivo latino fulvus, -a, -um, "amarelado", "de cor dourada".[8]
O adulto mide de 23 a 26 cm de longo e presenta unha plumaxe de cor dourada e negra na cabeza, dorso e ás. A súa face e pescozo son negros cunha beira branca e a fronte, coxas e patas tamén son negras. En inverno perde a plumaxe escura e substitúeo por outro máis amarelado na face, coas partes inferiores de cor branca.
A súa envergadura alar media é de 61 cm. No seu estado máis lixeiro e sen graxa, as aves pesan uns 135 g. En marzo, as aves comezan a gañar peso. Antes de marchar para os seus lugares de cría do Ártico, as aves pesan uns 198 g.[9]
É similar ás outras dúas píllaras douradas, a píllara dourada europea (Pluvialis apricaria) e a píllara dourada americana (Pluvialis dominica). A siberiana é de menor tamaño e ten patas máis longas que a europea, que tamén ten plumas axilares brancas. Aseméllase moitísimo á americana, e nalgún momento foron considerados da mesma especie.[10] A píllara dourada siberiana ten complexión máis delgada que a especie americana, patas máis longas e un ton amarelo máis vivo na súa parte posterior.
Habita na tundra ártica, desde o extremo norte de Asia ata o oeste de Alasca. Fai o niño no chan, nunha zona seca aberta.
É unha ave migratoria e pasa o inverno no sur de Asia e en Australasia. Un número reducido de exemplares migra cara a California e Hawai, nos Estados Unidos. Tamén é unha ave accidental en Europa Occidental, incluída Galicia.
Aliméntase de insectos, crustáceos, arañas e froitos vermellos, que encontra na tundra, en campos, praias e outras zonas chairas, xeralmente localizándoos coa vista.[9][11]
A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais, tendo en conta que esta especie ten unha área de distribución moi grande e, polo tanto, non se acerca aos limiares de vulnerable segundo o criterio do tamaño da área de distribución e, a pesar de que a tendencia da poboación parece estar diminuindo, non se cre que a diminución sexa o suficientemente rápida como para acercarse aos limiares de vulnerable de acordo co criterio de tendencia da poboación. Por estas razóns, o status da especie avalíase como LC (pouco preocupante).[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.