Pāṇini
From Wikipedia, the free encyclopedia
Pāṇini (en devanágari पाणिनि), probablemente do século V a.C., foi un gramático da India antiga célebre por formular os 3 959 sūtras ou regras da morfoloxía do sánscrito coñecidas polo nome de Aṣṭādhyāyī, tamén chamadas Pāṇinīya, e que fican aínda hoxe como a obra máis coñecida sobre a gramática desta lingua. É considerado como o fundador da literatura e da lingua sánscrita.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2018.) |
Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Nome orixinal | (sa) पाणिनि |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 520 a. C. Shalatula (pt) |
Morte | c. 460 a. C. (59/60 anos) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Gandhara (pt) |
Relixión | Hinduísmo |
Actividade | |
Campo de traballo | Vyakarana (pt) e lingüística |
Ocupación | lingüista , escritor , gramático |
Período de tempo | Mahajanapadas (pt) |
Lingua | Lingua sánscrita |
Pechar