Qin Shihuang
emperador fundador de la dinastía Qin / From Wikipedia, the free encyclopedia
Qin Shi Huangdi (秦始皇帝 pinyin : Qín Shǐ Huángdì) foi o emperador fundador da chinesa dinastía Qin (258 a 210 a.C.)
Nome orixinal | (zh-hant) 趙政 |
---|---|
Nome póstumo | 始皇帝 |
Biografía | |
Nacemento | 27 de xaneiro de 259 a. C. ↔ 24 de febreiro de 259 a. C. Handan (Zhao) |
Morte | 10 de xullo de 210 a. C. ↔ 10 de agosto de 210 a. C. (48/49 anos) Guangzong County (Dinastía Qin) |
Causa da morte | Chinese alchemical elixir poisoning (en) |
Lugar de sepultura | Mausoléu de Qin Shihuang (pt) |
Chinese king (en) Qin (pt) | |
7 de maio de 247 a. C. – 221 a. C. ← King Zhuangxiang of Qin (en) – Supresión do cargo → | |
Imperador da China (pt) Dinastía Qin | |
221 a. C. – 10 de setembro de 210 a. C. ← sen valor – Qin Er Shi → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Dinastía Qin Qin (pt) |
Actividade | |
Ocupación | político , gobernante , Emperador , monarca |
Lingua | Lingua chinesa antiga |
Participou en | |
Qin Shi Huang's inspection tours (en) | |
Outro | |
Título | Emperador |
Familia | Dinastía Qin |
Fillos | Prince Jianglü (en) , Qin Er Shi, Ziying, Prince Gao (en) , Fusu (en) |
Pais | King Zhuangxiang of Qin (en) e Queen Dowager Zhao (en) |
Irmáns | Ziying e Chengjiao (en) |
Este artigo amosa escritos chineses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Foi primeiramente rei de Qin, desde 247 a 221 a.C.. O seu apelido era Ying (?) e o seu nome propio Zheng (?), dise que escollido por ser homónimo do mes do seu nacemento, primeiro no ano chinés. Mais o nome persoal dun soberano non era empregado, por respecto, mentres estaba vivo, de modo que para os seus contemporáneos era "o rei de Qin". Porén os investigadores menciónano coma o rei "Zheng de Qin". No 221 a. C., tomou oficialmente o título de « Primeiro augusto soberano » (Shi Huangdi), en referencia aos monarcas antigos Sanhuangwudi.
O seu reinado foi colocado so o signo da filosofía lexista inspirada por Han Feizi. Foi un soberano autoritario que non sufriu contestación. Ordenou unha violenta represión contra os confucianos, inimigos desde antigo do lexismo, acusados de conspirar na súa contra. Moitos serían enterrados vivos no mesmo outeiro onde decidira queimar os seus escritos. Tal incidente, foi relembrado pola Historia, e inspirou a Mao Zedong o lema "Queimemos os libros e enterremos as letras" (Fenshu Kengru ????), cando a Revolución Cultural. A partir dos anos 70 do século XX, Qin Shihuang, por outra banda, foi presentado nos manuais de historia baixo o favorábel aspecto dun monarca progresista que loitaba contra as forzas reaccionarias.
Unificou os sete reinos que se "esfolaban" entre si. Unificou tamén o sistema de pesos e medidas, a lingua e a escrita. A fin de protexer o seu nacente Imperio, fixo empatar os pedazos de murallas existentes para formar a primeira gran muralla. O nome da súa dinastía, deformado, chegou ata Occidente e deu orixe ao nome do Imperio do medio nas linguas europeas: China en galego. A tradición atribúelle a invención do peiteado imperial mianliu (冕旒), cunha especie de cortina que oculta parcialmente o rostro, ben visíbel nos retratos dos soberanos antigos e que tamén ostentan as estatuas das divindades.