![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/75/Ciudad_de_Quibdo.jpg/640px-Ciudad_de_Quibdo.jpg&w=640&q=50)
Quibdó
cidade e concello do departamento de Chocó, Colombia / From Wikipedia, the free encyclopedia
Quibdó é un municipio colombiano, capital do departamento do Chocó e unha das poboacións máis importantes na Rexión do Pacífico Colombiano.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Colombia | |||
Departamentos | Chocó ![]() | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 130.825 (2020) ![]() | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 3.337,5 km² ![]() | |||
Bañado por | Rio Atrato (pt) ![]() ![]() | |||
Altitude | 43 m ![]() | |||
Comparte fronteira con | Río Quito (pt) ![]() Medio Atrato (pt) ![]() Vigía del Fuerte (pt) ![]() Bojayá (pt) ![]() Urrao (pt) ![]() Lloró (pt) ![]() El Carmen de Atrato (pt) ![]() Atrato (pt) ![]() Alto Baudó (pt) ![]() ![]() | |||
Creación | 1648 ![]() | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 270001, 270002, 270007, 270008, 270009 ![]() | |||
Prefixo telefónico | 4 ![]() | |||
Páxina web | quibdo-choco.gov.co… ![]() |
A cidade atópase nunha das rexións máis biodiversas de Colombia, preto de grandes reservas ecolóxicas como o parque nacional natural emberá. Tamén é unha das rexións con maior número de reservas indíxenas.
Quibdó atópase sobre a marxe dereita do río Atrato, un dos principais afluentes do país e unha das zonas con máis alta pluviosidade do mundo. Atópase a unha altitude de 43 m s. n. m. e ten unha temperatura cuxo media é de 28 °C. Dista de Bogotá 718 km.
A cidade de Quibdó constitúe o único centro departamental localizado entre a cordilleira e o litoral. Polas súas características, é o punto medio de enlace natural que existe entre os dous litorais colombianos, a través dos ríos Atrato e San Juan.
As relacións de centralidade converxen sobre a zona do istmo San Pablo, especificamente entre Quibdó e Istmina, e explícanse polas relacións de comunicación fluvial que existe entre os dous grandes ríos: Atrato e San Juan.