![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/a8/Quinine_structure.svg/langgl-640px-Quinine_structure.svg.png&w=640&q=50)
Quinina
composto químico / From Wikipedia, the free encyclopedia
A quinina ou chinchona, C20H24N2O2, é un alcaloide natural, cristalino e de cor branca, e sabor moi amargo, que presenta propiedades antipiréticas, antipalúdicas e analxésicas, producido por distintas especies do xénero Cinchona.
Máis información Propiedades físicas ...
![]() Quinina | |
Quinina | |
Número CAS | [130-95-0] |
Fórmula química | C20H24N2O2 |
Masa molecular | 324,42 |
Propiedades físicas | |
---|---|
Punto de fusión | 177 °C (descomponse lixeramente) |
Punto de sublimación | 180 °C (en alto baleiro) |
Densidade | 1.293 g/cm3 |
Solubilidade | En auga, 1 g/1900 ml pH da solución saturada: 8,8 Tamén é solúbel en: etanol (1 g/0,8 ml), éter anhidro (4 g/l), benceno (1 g/80 ml), cloroformo (1 g/1,2 ml) e glicerol (50 g/l) |
Fluorescencia | Azul, intensifícase en ácido sulfúrico |
Pechar
A quinina era o principal composto empregado no tratamento da malaria até que foi substituída por outros medicamentos sintéticos máis eficaces, como a quinacrina, cloroquina e primaquina. E aínda se utiliza hoxe no tratamento da malaria resistente. Así memo intentou utilizarse para tratar doentes infectados con prións, pero cun éxito limitado.
É un composto empregado frecuentemente na adulteración da heroína.