Ría de Ortigueira
ría galega / From Wikipedia, the free encyclopedia
A ría de Ortigueira, tamén coñecida como ría de Ortigueira e Ladrido[1] e como ría de Santa Marta de Ortigueira,[2] é unha ría galega situada ao norte da provincia da Coruña, en Galicia, España.
- Véxase tamén: Ortigueira - Mera.
Datos rápidos Localización administrativa, Estado ...
Ría de Ortigueira | |
---|---|
Localización administrativa | |
Estado | Galiza |
División | Galiza |
Subdivisión | A Coruña |
Localización xeográfica | |
Océano / Mar | Océano Atlántico, mar Cantábrico |
Continente | Europa |
Coordenadas | 43°44′11″N 7°49′30″O |
Xeografía | |
Illas interiores | Illa de San Vicente |
Afluentes | Río Mera (30 km), río Baleo (14 km) |
Accidentes | |
Cabos | Cabo Ortegal, Estaca de Bares |
Características | |
Superficie | 29,04 km² |
Lonxitude máxima | 10 km. |
Mapa | |
Localización da ría de Ortigueira | |
Pechar
Está formada pola desembocadura do río Mera, as súas augas bañan os concellos de Cariño e Ortigueira. Debe o seu nome á vila de Ortigueira, e conta con dous portos pesqueiros, o de Espasante, no presente sen apenas actividade pesqueira, e o de Cariño, moito máis importante.
Está catalogada como unha zona especial de conservación (ZEC) e unha zona de especial protección para as aves (ZEPA). Ademais, por ser un importante lugar de paso e invernada de aves acuáticas está dentro do Convenio de Ramsar como zona húmida protexida.[3][4]