Río Mondego
From Wikipedia, the free encyclopedia
O río Mondego é un curso fluvial portugués, que desemboca no océano Atlántico en Figueira da Foz, logo de atravesar Coímbra.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2017.) |
Río Mondego | |
---|---|
O Mondego o seu paso polo parque verde de Coímbra | |
País | Portugal |
Lonxitude | 220 km |
Caudal medio | m³/s |
Desembocadura | Océano Atlántico |
Percurso do Mondego | |
Nace na Serra da Estrela, concello de Gouveia a 1.425 m de altitude; no percurso máis alto é chamado Mondeguinho, porque apenas é máis do que un pequeno fío de auga.
É o maior dos cursos fluviais que nacen en Portugal, grazas ás augas dos seus afluentes, especialmente na marxe dereita o Dão e na esquerda o Alva, o Ceira, o Arunca e a ribeira do Botão.
O Mondego percorre cerca de 220 km. As súas marxes, entre Coímbra e Figueira da Foz, son os terreos máis fértiles de Portugal. Nestas terras acádase a maior produción de arroz por hectárea de toda Europa.
Os romanos chamaban Munda ("transparencia, claridade, pureza") ao Mondego, denominación que perdurou ao longo da Idade Media.
Antigamente, o río Mondego era navegábel. Os barcos que viñan do océano Atlántico ían até Coímbra, e os mais pequenos chegaban mesmo até Penacova.
No Parque Verde do Mondego e en Lisboa, no Museu de Mariña, encostado ao Planetario de Lisboa próximo do Mosteiro dos Xerónimos, está exposto un barco bastante comprido que navegaba entre Coímbra e Penacova. Este barco servía para que as mulleres de Penacova fosen a Coímbra buscar roupa sucia e despois volvela lavada e pasada a ferro.