República Democrática Alemá
From Wikipedia, the free encyclopedia
A República Democrática Alemá (abreviado RDA; alemán: Deutsche Demokratische Republik, abreviado DDR), tamén coñecida como Alemaña do Leste ou Alemaña Oriental, foi unha república socialista establecida en 1949 na zona de ocupación soviética de Alemaña trala segunda guerra mundial. O territorio incluía tamén Berlín Leste, unha porción da cidade baixo control das Forzas Aliadas. Xeograficamente, a RDA ocupaba o nordeste da actual Alemaña, os actuais estados de Mecklemburgo-Antepomerania, Saxonia-Anhalt, Saxonia, Turinxia e Brandeburgo, cunha área total de 108.179 km². Limitaba con Checoslovaquia ao sur, Alemaña Occidental ao sur e ao oeste, Polonia ao leste, e ao norte estaba co mar do Norte.
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Deutsche Demokratische Republik (de) | |||||
Himno | Auferstanden aus Ruinen (1949-1990) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Proletarios de todos os países» | ||||
Localización | |||||
| |||||
Territorio reivindicado por | Alemaña do Oeste (–1972) | ||||
Capital | Berlín Leste | ||||
Contén a división administrativa | Berlín Leste (1949–1990) Cottbus District (en) (1952–) Dresden District (en) (1952–) Gera District (en) (1952–) Halle District (en) (1952–) Karl-Marx-Stadt District (en) (1952–) Leipzig District (en) (1952–) Magdeburg District (en) (1952–) Neubrandenburg District (en) (1952–) Potsdam District (en) (1952–) Rostock District (en) (1952–) Schwerin District (en) (1952–) Suhl District (en) (1952–) distrito de Erfurt (1952–) distrito de Frankfurt do Oder (1952–) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 16.111.000 (1990) (148,93 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua alemá | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 108.179 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 7 de outubro de 1949 | ||||
Disolución | 3 de outubro de 1990 1989 | ||||
Sucedido por | Alemaña e Novos estados da Alemanha (pt) | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | ditadura comunista (1949–1989) República parlamentaria (1989–1990) república (1949–1990) | ||||
• Presidente da Alemanha Oriental (pt) | Wilhelm Pieck (1949–1960) Walter Ulbricht (1960–1973) Willi Stoph (1973–1976) Erich Honecker (1976–1989) Egon Krenz (1989–1989) Manfred Gerlach (1989–1990) Sabine Bergmann-Pohl (1990–1990) | ||||
Órgano executivo | Council of Ministers of the GDR (en) | ||||
• Xefe do goberno | Otto Grotewohl (1949–1964) Willi Stoph (1964–1973) Horst Sindermann (pt) (1973–1976) Willi Stoph (1976–1989) Hans Modrow (1989–1990) Lothar de Maizière (1990–1990) | ||||
Órgano lexislativo | Volkskammer (pt) , | ||||
Membro de | Consello de Axuda Mutua Económica (1950–1990) Pacto de Varsovia (1955–1990) ONU (1973–1990) união econômica, monetária e social (pt) (1990–1990) | ||||
Moeda | marco alemão oriental (pt) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Dominio de primeiro nivel | .dd | ||||
Prefixo telefónico | +37 | ||||
Código de país | sen valor e DD | ||||
En 1989, unha revolta popular provocou un troco no goberno, até entón nas mans do Partido Socialista Unificado de Alemaña (en alemán: Sozialistische Einheitspartei Deutschlands), unha revolta na que os soviéticos se negaron a intervir. Así, o 9 de novembro dese mesmo ano caía o Muro de Berlín e, finalmente, o 3 de outubro de 1990, os Länder (estados) do leste de Alemaña foron integrados como novos estados federais dentro da nova República Federal de Alemaña. A transformación comunista durante a historia da República foi máis forte na industria, na agricultura, e na maioría do sistema educativo, mentres que as profesións de ciencia e enxeñaría, as igrexas e incluso as tradicións burguesas preserváronse. A política social, que se tornara nunha ferramenta de lexitimación crítica nas últimas décadas, mesturaba elementos comunistas e tradicionais por igual.