Raíz cadrada
From Wikipedia, the free encyclopedia
En matemáticas, a raíz cadrada dun número real non negativo x é o número real non negativo que, multiplicado consigo mesmo, dá x. A raíz cadrada de x escríbese . Por exemplo, , xa que 4 × 4 = 16, e . As raíces cadradas son importantes na resolución de ecuacións cadráticas.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Raíz (homónimos).
A xeneralización da función raíz cadrada ós números negativos dá lugar ós números imaxinarios e ó campo dos números complexos.
O símbolo da raíz cadrada empregouse por primeira vez no século XVI. Especúlase con que tivo a súa orixe nunha forma alterada da letra r minúscula para representar a palabra latina "radix", que significa "raíz".