For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Raúl I de Vermandois.

Raúl I de Vermandois

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Raúl I de Vermandois
Ralph I of Vermandois.jpg
Nacementoc. 1085 e c. 1094
Falecemento14 de outubro de 1152 e 13 de outubro de 1152
NacionalidadeReino de Francia
Ocupaciónaristócrata
PaiHugo de Vermandois
NaiAdelaide de Vermandois
CónxuxeLeonor de Blois, Petronila de Aquitania e Laureta de Alsacia
FillosIsabel de Vermandois, Raúl II de Vermandois e Leonor de Vermandois
IrmánsMargaret of Clermont e Isabel de Vermandois, Condessa de Leicester
Na rede
WikiTree: Vermandois-103
editar datos en Wikidata ]

Raúl I de Vermandois[1], chamado Raúl I o Valente, ou Raúl I o Chosco, tamén coñecido co nome de Raúl de Crépy, nado ao redor de 1094 e finado o 13 de outubro de 1152, foi conde de Vermandois, de Amiens e de Valois de 1102 a 1152.

Traxectoria

Fillo de Adelaida de Vermandois e Hugo I o Grande, fillo do rei Henrique I de Francia, era o primo irmán do rei Luís VI de Francia. Deu o seu apoio a estes últimos contra os baróns refractarios á autoridade real.

Tendo perdido un ollo no transcurso da captura do castelo de Livry en 1129, ao ano seguinte, no asedio de Coucy, feriu mortalmente a Tomé de Marle, señor de Coucy, que matara había moito tempo ao seu irmán Henrique (1091 -1130), señor de Chaumont-en-Vexin. En novembro de 1131, o rei Luís VI nomeouno senescal[2].

Pouco despois da morte de Luís VI en 1137, sostivo[3] temporalmente a causa da Raíña Nai Adelaida de Savoia, que temía que o seu dote fose usado ao servizo do Estado polo seu fillo Luís VII axudado polo abade Suger.

Fiel á Coroa de Francia, Luís VII propúxolle á irmá da súa muller (Leonor de Aquitania) chamada Petronila de Aquitania (sobre 1125 - 1151 ) para casar con ela, Raúl repudiou en 1142 á súa primeira esposa Leonor de Blois. A muller abandonada queixouse entón ao seu irmán Teobaldo IV, conde de Blois e Champaña, que á súa vez se rebelou contra o rei de Francia. O papa Inocencio II interveu anulando este matrimonio e excomungando aos novos cónxuxes así como aos bispos que consentiron a bendiciron a súa unión. Porén o papa Uxío III que sucedeu a Inocencio II, lexitimou[4] este segundo matrimonio no concilio celebrado en Reims en 1148.

Durante a ausencia de Luís VII (que marchara á segunda cruzada), en 1145, Raúl permaneceu en Francia como rexente do reino xunto a Suger. Despois do regreso de Luís, Raúl, que quedara viúvo de Petronila, a súa segunda muller, casou de novo en 1152 coa Laureta de Alsacia (sobre 1125 - 1151), filla de Teodorico de Alsacia, conde de Flandres.

Matrimonios e descendencia

1) Cara a 1120, casou en primeiras nupcias con Leonor de Blois, filla de Estevo II de Blois e Adela de Inglaterra, da que se separou sobre 1141 por mor da consanguinidade. Algunhas xenealoxías[5] atribúen a esta unión un fillo, Hugo II de Vermandois, que se tería feito monxe baixo o nome de Félix de Valois, pero esta afirmación parece ser unha broma do século XVI.

2) En 1142, casou con Petronila de Aquitania, filla de Guillerme X de Aquitania e irmá de Leonor de Aquitania, coa que tivo a:

En 1152 casou con Laureta de Lorena, unha efémera unión da que non tivo fillos.

Notas

  1. Raúl o Valente no sitio xenealóxico FMG
  2. "Lista de senescais de Francia no sitio web do Servizo histórico do Goberno francés". Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2008. Consultado o 08 de decembro de 2019. 
  3. Jean Flori, Aliénor d'Aquitaine, 2004, p. 56
  4. . Louis Duval-Arnould Les dernières années du comte lépreux Raoul de Vermandois (v. 1147-1167...) et la dévolution de ses provinces à Philippe d'Alsace, Biblioteca da escola das cartas, 1984, volume 142 p. 81
  5. Como genealogy.eu, de Miroslav Marek

Véxase tamén

Ligazóns externas

{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Raúl I de Vermandois
Listen to this article

This browser is not supported by Wikiwand :(
Wikiwand requires a browser with modern capabilities in order to provide you with the best reading experience.
Please download and use one of the following browsers:

This article was just edited, click to reload
This article has been deleted on Wikipedia (Why?)

Back to homepage

Please click Add in the dialog above
Please click Allow in the top-left corner,
then click Install Now in the dialog
Please click Open in the download dialog,
then click Install
Please click the "Downloads" icon in the Safari toolbar, open the first download in the list,
then click Install
{{::$root.activation.text}}

Install Wikiwand

Install on Chrome Install on Firefox
Don't forget to rate us

Tell your friends about Wikiwand!

Gmail Facebook Twitter Link

Enjoying Wikiwand?

Tell your friends and spread the love:
Share on Gmail Share on Facebook Share on Twitter Share on Buffer

Our magic isn't perfect

You can help our automatic cover photo selection by reporting an unsuitable photo.

This photo is visually disturbing This photo is not a good choice

Thank you for helping!


Your input will affect cover photo selection, along with input from other users.