Radio Televisión Española
Radiodifusora pública de España / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Corporación Radio Televisión Española, S.A.[1] ou RTVE (ata 2006, Ente Público Radio Televisión Española) é unha sociedade mercantil estatal que organiza a xestión indirecta do servizo público de radio e televisión española.
No exercicio da súa función de servizo público, a Corporación RTVE deberá, entre outras cousas:
- Promover o coñecemento e difusión dos principios constitucionais e os valores cívicos.
- Garantir a información obxectiva, veraz e plural.
- Facilitar o debate democrático e a libre expresión de opinións.
- Promover a cohesión territorial, a pluralidade e a diversidade lingüística e cultural de España.
- Ofrecer acceso aos distintos xéneros de programación e aos acontecementos institucionais, sociais, culturais e deportivos, dirixidos a todos os sectores da audiencia, prestando atención a aqueles temas de especial interese público.
- Ter por obxectivo atender á máis ampla audiencia, asegurando a máxima continuidade e cobertura xeográfica e social, co compromiso de ofrecer calidade, diversidade, innovación e esixencia ética.
O seu funcionamento, desde xaneiro do 2010, é pagado mediante unha partida dos Orzamentos Xerais do Estado, que cobre o 50% dos gastos, mentres que a outra metade provén dun imposto extra do 0,9% ás compañías telefónicas, o 3% dos ingresos das televisións privadas abertas e o 1,5% das televisións de pago.