From Wikipedia, the free encyclopedia
Ramón Godó Lallana, nado en Bilbao o 11 de maio de 1864 e finado en Barcelona o 20 de setembro de 1931, primeiro Conde de Godó, foi un empresario e político español, fillo de Carlos Godó y Pié e sobriño de Bartolomé Godó y Pié, fundadores do xornal La Vanguardia.
Nome orixinal | (es) Ramón Godó Lallana |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 11 de maio de 1864 Bilbao, España |
Morte | 20 de setembro de 1931 (67 anos) Barcelona, España |
Deputado das Cortes | |
29 de abril de 1899 – 30 de marzo de 1907 ← Josep Balcells i Cortada (en) – Frederic Rahola (pt) → Circunscrición electoral: Districte electoral d'Igualada (en) | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | empresario , político |
Partido político | Partido Liberal Fusionista |
Lingua | Lingua castelá e lingua catalá |
Outro | |
Título | Condado de Godó |
Fillos | Carlos Godó Valls (pt) |
Pai | Carles Godó i Pié (en) |
Ramón Godó, fillo de Carlos Godó y Pié e Antonia Lallana, naceu en 1864 en Bilbao, época na que o seu pai e o seu tío xestionaban as delegacións comerciais en Bilbao e Oviedo da empresa familiar dos Godó. Debido á crise provocada pola Terceira Guerra Carlista, volveron todos a Barcelona.
O seu pai morreu o ano 1897 e el fíxose cargo da propiedade do xornal La Vanguardia. En 1912 fundou a empresa Papelera Godó, para romper o monopolio imposto por La Papelera Española e así poder fornecer papel ao seu xornal. Impulsou a expansión e influencia do xornal, que estableceu a súa sede na rúa Pelai de Barcelona. Ao mesmo tempo, militaba no Partido Liberal, polo que foi escollido deputado polo distrito de Igualada nas eleccións de 1899, 1901, 1903 e 1905.[1] Ramón Godó foi o primeiro Conde de Godó, título que recibiu no ano 1916 de mans do rei Afonso XIII.
Ramón Godó Lallana era un home coxo, cun problema de xordeira e case cego dun ollo, pero cunha grande intelixencia e talento para as finanzas.[2]
Foi o seu fillo, Carlos Godó Valls, segundo Conde de Godó, quen en 1965 instaurou un premio xornalístico co seu nome, na honra ao centenario do seu nacemento.
Na localidade barcelonesa de Copons onde Ramón Godó Lallana tiña unha casa, existe unha praza co seu nome como homenaxe ao empresario catalán.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.