Ramón Pasarón Lastra
xurista e político galego / From Wikipedia, the free encyclopedia
Ramón Pasarón Lastra, nado en Castropol o 2 de setembro de 1808 e finado en Madrid o 5 de xaneiro de 1876, foi un xurista e político galego.
Datos rápidos Nacemento, Lugar de nacemento ...
Ramón Pasarón Lastra | |
---|---|
Nacemento | 2 de setembro de 1808 |
Lugar de nacemento | Castropol |
Falecemento | 5 de xaneiro de 1876 |
Lugar de falecemento | Madrid |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xuíz e político |
Irmáns | Ubaldo Pasarón |
Premios | Gran Cruz del Mérito Naval con distintivo blanco |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Pechar
Foi xuíz de Viveiro (1838) e xuíz de primeira instancia en Ferrol (1841), maxistrado da Audiencia de Valladolid (1842) e ministro da Audiencia de Pamplona (1843). Membro dos progresistas, foi deputado polo distrito de Ribadeo (1850-1852), polo de Lugo (1854-1856) e polo de Pastrana (Guadalaxara) (1871-1873). Foi intendente xeral de Cuba (1854-1856), gobernador civil da Coruña e vicepresidente do Congreso.
- Proyecto de bancos agrícolas para las provincias de Galicia y Asturias, 1853.
- Informe sobre el estado en que halló a los colonos pobres de Galicia el hambre que los afligió durante el año 1853, 1853.
- La Isla de Cuba considerada económicamente, 1858.