Ramón Piñeiro
filósofo, ensaísta e político galego / From Wikipedia, the free encyclopedia
Ramón Piñeiro López, nado en Armea de Abaixo (Lama, Láncara) o 31 de maio de 1915 e finado en Santiago de Compostela o 27 de agosto de 1990, foi un filósofo, ensaísta e político galego, un dos principais artífices da reconstrución cultural galega na posguerra. Piñeiro vía utópica a formación dun partido político galeguista na situación política e social de entón. Se xa fora un partido minoritario cando as circunstancias eran favorables, e nin sequera conseguira manter a unidade interna, ao seu ver, moitas menos posibilidades ía ter baixo a ditadura. Loitar nesta dirección parecíalle un fracaso seguro. Así foi xurdindo a idea da autodisolución do Partido Galeguista e, por outra banda, en 1950, a fundación da Editorial Galaxia.
Nome orixinal | (es) Ramón Piñeiro López |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 31 de maio de 1915 Armea de Abaixo, España |
Morte | 27 de agosto de 1990 (75 anos) Santiago de Compostela, España |
Deputado do Parlamento de Galicia | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | político , escritor , filósofo |
Partido político | Partido Galeguista |
Membro de | |
Xénero artístico | ensaio |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Familia | |
Cónxuxe | Isabel López García |
Premios | |
Dedicóuselle o Día das Letras Galegas do ano 2009[1].
Toda a súa vida loitou Piñeiro para conseguir que tódalas forzas políticas, económicas e sociais recoñecesen as señas de identidade de Galicia e reivindicasen os seus dereitos como pobo. E loitou con tal forza, entrega e convencemento que, como tén dito Fole, fixo conciencia da conciencia de Galicia.(Benxamín Casal: A política como un deber).[2]