Ramiz Alia
político albanés / From Wikipedia, the free encyclopedia
Ramiz Alia, nado en Shkodër o 18 de outubro de 1925 e finado en Tirana o 7 de outubro de 2011, foi un político albanés, presidente do país entre 1985 e 1992. Alto dirixente do Partido do Traballo de Albania, chegou a ser membro do seu Politburó e secretario do Comité Central. En 1985 foi escolleito Presidente da Asemblea do Pobo (Parlamento) e polo tanto, Xefe do Estado.
Ramiz Alia | |
---|---|
Secretario xeral do Partido do Traballo de Albania | |
Período | 1985–1992 |
Antecesor | Enver Hoxha |
Presidente de Albania | |
Período | 30 de abril de 1991-9 de abril de 1992 |
Antecesor | Ahmet Zogu (1928) |
Sucesor | Sali Berisha |
Datos persoais | |
Nacemento | 18 de outubro de 1925 |
Shkodër | |
Falecemento | 7 de outubro de 2011 |
Tirana | |
Organización | Partido Socialista |
Cónxuxe | Semiramis Alia |
Relixión | ateísmo |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Ao falecer Enver Hoxha en 1985, sucedeuno como secretario xeral do PTA, polo que se converteu no máximo dirixente de Albania. A pesar de afirmar no funeral de Hoxha que Albania será sempre forte, sempre vermella, como ti a deseaches, camarada Enver, levou a cabo unha serie de reformas que culminaron coa privatización da economía e a convocatoria de eleccións multipartidistas en 1991.
Tralo triunfo do Partido Socialista de Albania (refundación do antigo Partido do Traballo de Albania) foi escolleito Presidente da República, pero dimitiu en 1992 tras unha folga xeral. Ese mesmo ano foi detido e acusado de xenocidio e crimes contra a humanidade, permanecendo no cárcere até 1997.
Predecesor: Ahmet Zogu |
Presidente de Albania 1991-1992 |
Sucesor: Sali Berisha |