Raposo
Mamífero carnívoro da familia dos cánidos / From Wikipedia, the free encyclopedia
O raposo, raposa ou golpe[1] é un mamífero carnívoro de pequeno e medio tamaño que pertence a varios xéneros da familia dos cánidos. Os raposos son un pouco máis pequenos que un can doméstico medio, cun cranio achatado, orellas triangulares, un fociño punzante, lixeiramente virado cara a arriba, e unha longa e espesa cola.
Raposo | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Raposo común (Vulpes vulpes) deitado na neve. | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
xéneros | |||||||||||
|
- Para a especie de raposo presente en Galicia, véxase raposo común. Para outros conceptos referenciados como raposo ou raposa, véxase raposo (homónimos).
Doce especies pertencen ó grupo monofilético do xénero Vulpes ou "raposos verdadeiros". Arredor doutras 25 especies vivas ou extintas foron chamadas tamén raposos; estes raposos forman parte do grupo parafilético de raposos de América do Sur, ou do grupo formado polo raposo orelludo, o raposo gris e o raposo gris das illas.[2] Os raposos viven en tódolos continentes, agás na Antártida. A especie máis común e espallada de lonxe é o raposo común (Vulpes vulpes) con 47 subespecies recoñecidas.[3] A distribución mundial dos raposos, xunto coa súa reputación de astucia, contribuíu a que estean presentes en moitas culturas de sociedades de todo o mundo.