Reacción en cadea da polimerase
From Wikipedia, the free encyclopedia
A reacción en cadea da polimerase, coñecida como PCR (do inglés polymerase chain reaction), é unha técnica de bioloxía molecular desenvolvida en 1987 por Kary Mullis,[1] que ten como obxectivo obter un gran número de copias dun fragmento de ADN particular, partindo dunha cantidade mínima. En teoría abondaría partir dunha única copia dese fragmento orixinal, ou molde.
Esta técnica serve para amplificar un fragmento de ADN. A súa utilidade é que trala amplificación é moito máis fácil identificar cunha moi alta probabilidade, virus ou bacterias causantes dunha enfermidade, identificar persoas (cadáveres) ou facer investigacións científicas sobre o ADN amplificado. Estes usos derivados da amplificación fixeron que se convertise nunha técnica moi utilizada, o que supuxo o abaratamento do equipo necesario para levala a cabo.