Real Academia Galega de Ciencias
academia científica galega / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) é unha sociedade científica impulsada polo matemático Enrique Vidal Abascal[1], quen foi o seu primeiro presidente, e posteriormente o presidente de honra.
Real Academia Galega de Ciencias | |
---|---|
Tipo | academia de ciencias |
Data de fundación | 23 de abril de 1977 |
Fundador(es) | Enrique Vidal Abascal, Isidro Parga Pondal, Domingo García-Sabell e Antón Fraguas |
Presidente/a | Juan Manuel Lema Rodicio (2019-) |
Sede | Santiago de Compostela |
País | Galicia |
Na rede | |
http://www.ragc.gal/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A súa creación foi o día 23 de abril de 1977 e ten a súa sede na Facultade de Química da Universidade de Santiago de Compostela.[2]
O 23 de abril de 2008, a Real Academia Galega de Ciencias celebrou o primeiro Día do Científico Galego (instituído por esta corporación), no que dedicou unha homenaxe ao matemático Vidal Abascal, con motivo do centenario do seu nacemento.
En 2011 foi nomeado presidente da Academia o profesor Ernesto Viéitez Cortizo, que foi substituído ao seu falecemento por Miguel Ángel Ríos. En 2019 o catedrático da USC Juan Manuel Lema Rodicio tomou posesión como novo presidente da institución.