Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación
institución galega / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación (RAGXL) é unha institución, inicialmente como Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación que se xestou por iniciativa do Ilustre Colexio Provincial de Avogados da Coruña sendo seu decano Manuel Iglesias Corral. A súa función é a investigación e a práctica do Dereito e das súas ciencias auxiliares en xeral, con especial dedicación ao Dereito foral galego.[1]
Datos rápidos Tipo, Data de fundación ...
Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación | |
---|---|
Tipo | academia |
Data de fundación | 23 de xullo de 1966 |
Presidente/a | Domingo Bello Janeiro (2020-) |
Sede | Casa do Consulado |
En | A Coruña |
País | Galicia |
Na rede | |
https://ragjyl.gal/gl/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar
Recibiu o título de Real o 7 de xullo de 2011 pola Credencial nº 229/2011 do Xefe da Casa de S. M. O Rei, comunicando que S. M. o Rei, accedendo á petición que lle fora formulada, tivo a ben conceder este título.[2]