Retroalimentación positiva
From Wikipedia, the free encyclopedia
A retroalimentación positiva ou realimentación positiva é un tipo de realimentación no que o aumento da variable final fai que aumente a inicial, o cal desequilibra o sistema, ó amplificar os seus efectos, xa que a variable produce un comportamento explosivo no sistema. Os Sistemas abertos (ecolóxicos, biolóxicos, sociais) conteñen moitos tipos de sistemas reguladores, sobre os que están os sistemas que involucran realimentación positiva e a realimentación negativa. Un sistema está realimentado positivamente se unha variación na súa saída en determinada dirección provoca un desprazamento aínda maior na mesma dirección.
A realimentación é un mecanismo, un proceso cuxo sinal se move dentro dun sistema, e volve ó principio deste sistema ela mesma coma nun bucle. Este bucle chámase bucle de realimentación. Nun sistema de control, este ten entradas e saídas do sistema; cando parte do sinal de saída do sistema, volve de novo ó sistema como parte da súa entrada, chámase a isto realimentación. A realimentación e a autorregulación están intimamente relacionadas.