Rede neural artificial
modelo computacional usado na aprendizaxe automática, baseado en funcións xerárquicas conectadas / From Wikipedia, the free encyclopedia
As redes neurais artificiais (RNAs),[1][2] xeralmente chamadas simplemente redes neurais, son modelos informáticos utilizados dentro das disciplinas de intelixencia artificial e aprendizaxe automática inicialmente inspirados nas redes neurais biolóxicas dos cerebros animais.[3]
Unha RNA baséase nunha colección de nodos conectados chamados neuronas artificiais, que modelan de forma vaga as neuronas do cerebro biolóxico. Cada conexión, como a sinapse dun cerebro biolóxico, pode transmitir sinais as demais neuronas. Unha neurona artificial recibe sinais e logo procésaos podendo despois sinalar as neuronas que teña conectadas. O "sinal" é un número real, e a saída de cada neurona calcúlase mediante algunha función non linear da suma das súas entradas. As "conexións" chámanse enlaces ou edges en inglés. As neuronas e os enlaces adoitan ter un peso ou weight que se axusta a medida que avanza a aprendizaxe. O peso aumenta ou diminúe a intensidade do sinal do enlace. As neuronas tamén poden ter un límite de maneira que só se envía un sinal se o sinal engadido pasa o límite asignado.
Normalmente, as neuronas están agregadas en capas. Diferentes capas poden realizar diferentes transformacións nas súas entradas. Os sinais viaxan dende a primeira capa (de entrada) ata a última capa (de saída), posiblemente despois de atravesar as capas varias veces.