
Redondela
concello da comarca de Vigo, na provincia de Pontevedra / From Wikipedia, the free encyclopedia
Redondela[9] é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo. O seu xentilicio é redondelán.[2] Ten unha superficie de 52,1 km² e, segundo o IGE, a 1 de xaneiro de 2021 tiña 29.192 habitantes, dos cales 14.150 eran varóns e 15.042 eran mulleres, resultando unha densidade de poboación de 560,31 hab./km². É o cuarto concello máis poboado da provincia, por detrás de Vigo, Pontevedra e Vilagarcía de Arousa, e está situado entre as dúas primeiras, a 13 km de Vigo e a 20 km de Pontevedra.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Redondela (homónimos).
Redondela | |
---|---|
![]() Vista xeral da vila desde un dos viadutos. | |
Situación | |
Xentilicio[1] | redondelán[2] |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Pontevedra |
Comarca | Comarca de Vigo |
Poboación | 29.055 hab. (2022)[3][4] |
Área | 52,1 km²[4] |
Densidade | 557,68 hab./km² |
Entidades de poboación | 13 parroquias[5] |
Capital do concello | Redondela |
Política (2023[6]) | |
Alcaldesa | Digna Rivas (PSOE[7]) |
Concelleiros | BNG: 3 PPdeG: 10 PSdeG-PSOE: 7 Outros: AER 1 |
Eleccións municipais en Redondela | |
Uso do galego[8] (2011) | |
Galegofalantes | 31,62% |
Na rede | |
Páxina web | |
[ editar datos en Wikidata ] |