![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/25/Koelkast_open.jpg/640px-Koelkast_open.jpg&w=640&q=50)
Refrixeración dos alimentos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Entre os sistemas de conservación de alimentos, os máis utilizados son os baseados no emprego do frío: a refrixeración e a conxelación. A refrixeración consiste en mante-los alimentos a temperaturas comprendidas entre os 0 e os 6-8 °C, segundo o tipo de alimento, conseguindo con esta redución da temperatura atrasa-lo crecemento bacteriano e prolongar, por uns días, a vida útil do alimento. Simultaneamente, tamén reduce a acción dos enzimas.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/25/Koelkast_open.jpg/640px-Koelkast_open.jpg)
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/15/Kuehlschrank.jpg/320px-Kuehlschrank.jpg)
Este sistema de conservación esixe ser especialmente meticuloso coa hixiene da produción, elaboración e manipulación do alimento, para que a carga microbiana inicial sexa a menor posible se queremos obter un produto final en bo estado durante todo o tempo de conservación.