Reino suevo
Primeiro estado medieval europeo / From Wikipedia, the free encyclopedia
O reino suevo[1], reino suevo de Galiza[2] ou reino de Galiza[3][4] configurouse como a estrutura política máis antiga das actuais rexións de Galiza e o norte e centro de Portugal, despois da caída do Imperio Romano de Occidente. Foi o primeiro estado medieval da Europa occidental continental[5]: nas Illas Británicas foi anterior en Gales o Reino de Dyfed, logo da fin do dominio romano en Britania.
Regnum Suevorum (la) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Capital | Braga | ||||
Escindido de | Imperio Romano de Occidente | ||||
Poboación | |||||
Lingua usada | latín vulgar | ||||
Relixión | paganismo xermánico, arianismo e catolicismo | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 409 | ||||
Disolución | 585 (Gregoriano) | ||||
Sucedido por | Galicia na monarquía visigoda e Reino visigodo de Toledo | ||||
Os suevos eran un pobo xermánico que entraron no noroeste da Península Ibérica en 409 ou 410 nunha vaga migratoria ou guerreira, mais con pouca poboación (entre vinte mil e trinta e cinco mil persoas). Tomaron o control do territorio rapidamente mais, debido ao seu número reducido, non modificaron grandemente a estrutura nin a cultura dos territorios onde se asentaron.
O Cronicón de Hidacio é unha das fontes que máis datos nos fornecen sobre a estadía deste pobo no noroeste peninsular e posúe gran valor por tratarse dunha fonte contemporánea dos feitos sinalados.
O sistema monetario Galaico-Suevo foi o primeiro en emanciparse do Imperio Romano de Occidente.
A Igrexa galega transformouse nunha institución política do Reino e formalizouse a distribución interior demográfica de Galiza en parroquias[6], erixidas en boa parte sobre asentamentos prerromanos.[7]