For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Relación de derivación.

Relación de derivación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Turbofan con baixo índice de derivación, ten un soprante (ventilador) máis pequeno e a maior parte do aire pasa pola turbina.
Turbofan con baixo índice de derivación, ten un soprante (ventilador) máis pequeno e a maior parte do aire pasa pola turbina.
Turbofan con alto índice de derivación, ten un ventilador grande e a maioría do aire pasa polo conduto exterior da turbina.
Turbofan con alto índice de derivación, ten un ventilador grande e a maioría do aire pasa polo conduto exterior da turbina.
Turborreactor con índice derivación cero, todo o aire pasa a través da turbina.
Turborreactor con índice derivación cero, todo o aire pasa a través da turbina.

O termo relación de derivación (inglés: bypass ratio ou BPR) refírese a unha característica de deseño dos motores de reacción de tipo turboventilador, utilizados normalmente en aviación. Defínese como a relación entre o caudal másico de aire que pasa a través do soprante canalizado e pasa por fóra do núcleo do motor (aire non queimado), con respecto ao caudal másico que pasa polo núcleo do motor para realizar a combustión que produce a enerxía mecánica. Por exemplo, cunha relación de derivación 10:1, por cada 1 kg de aire que pasa a través da cámara de combustión, pasan 10 kg de aire en torno a ela a través do soprante canalizado.

Nun deseño de alto índice de derivación, a gran maioría do empuxe provén do soprante canalizado, máis que da expansión dos gases de combustión na tobeira.[1] Unha alta relación de derivación ofrece un menor consumo de combustible (en gramos/sec por kN de empuxe), especialmente a velocidade cero (en engalaxes) e á velocidade de cruceiro da maioría dos avións de reacción comerciais. Este é con diferenza o tipo de motor dominante en todos os avións de reacción de pasaxeiros e de transporte tanto civil como militar. A súa menor velocidade nos gases de saída tamén fai que sexa menor a produción de ruído, unha gran vantaxe con respecto aos deseños de pouca ou nula relación de derivación.[2]

Os deseños con baixo índice de derivación tenden a ser usados nos avións militares de combate pola súa boa relación entre economía en consumo de combustible e requerimentos en combate, onde se valora unha alta relación potencia a peso, bo rendemento a velocidade supersónica, e a capacidade para usar postqueimadores, máis compatibles con motores de baixa relación de derivación. Un bo exemplo das diferenzas entre un motor de reacción puro e un turboventilador de baixo índice de derivación pode verse co uso do turbofan Rolls-Royce Spey no avión de combate F-4 Phantom II, avión equipado orixinalmente con turborractores.

Notas

  1. Zucker, Robert D. (1977). Publishers, ed. Fundamentals of Gas Dynamics. pp. 322-333. 
  2. Lockard, D.P.; G.M. Lilley (2004). "The airframe noise reduction challenge". NASA Technical Report. 
{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Relación de derivación
Listen to this article

This browser is not supported by Wikiwand :(
Wikiwand requires a browser with modern capabilities in order to provide you with the best reading experience.
Please download and use one of the following browsers:

This article was just edited, click to reload
This article has been deleted on Wikipedia (Why?)

Back to homepage

Please click Add in the dialog above
Please click Allow in the top-left corner,
then click Install Now in the dialog
Please click Open in the download dialog,
then click Install
Please click the "Downloads" icon in the Safari toolbar, open the first download in the list,
then click Install
{{::$root.activation.text}}

Install Wikiwand

Install on Chrome Install on Firefox
Don't forget to rate us

Tell your friends about Wikiwand!

Gmail Facebook Twitter Link

Enjoying Wikiwand?

Tell your friends and spread the love:
Share on Gmail Share on Facebook Share on Twitter Share on Buffer

Our magic isn't perfect

You can help our automatic cover photo selection by reporting an unsuitable photo.

This photo is visually disturbing This photo is not a good choice

Thank you for helping!


Your input will affect cover photo selection, along with input from other users.