República Árabe Unida
From Wikipedia, the free encyclopedia
A República Árabe Unida (en árabe, ﺍﻟﺠﻤﻬﻮﺭﻳﺔ ﺍﻟﻌﺮﺑﻴﺔ ﺍﻟﻤﺘﺤﺪﺓ, Al-Yumhūriyya al-'Arabiyya al-Muttahida) foi un estado árabe produto da unión entre Exipto e Siria entre 1958 e 1961. Posteriormente, seguiu sendo até 1971 o nome oficial de Exipto.
الجمهورية العربية المتحدة (ar) | |||||
Himno | Walla Zaman Ya Selahy (en) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Nomeado en referencia a | Árabes | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | O Cairo | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 32.203.000 (1961) (27,14 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | árabe | ||||
Relixión | Secularismo | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 1.186.630 km² | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Fundador | Exipto e República Siria | ||||
Creación | 1958 | ||||
Disolución | 1971 | ||||
Sucedido por | Exipto e Siria | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | federación República semipresidencialista | ||||
• Xefe de estado | Gamal Abdel Nasser | ||||
Órgano lexislativo | National Assembly (en) , | ||||
Membro de | ONU (1958–1971) | ||||
Moeda | Libra exipcia | ||||
Identificador descritivo | |||||
Prefixo telefónico | 20 | ||||
A RAU creouse por iniciativa siria como primeiro paso cara a unha futura unidade de todos os estados árabes, obxectivo do panarabismo, ideoloxía compartida polos gobernos sirio e exipcio. Foi establecida o 1 de febreiro de 1958 cuns 1.186.630 km² e na súa creación influíu o gran prestixio do presidente exipcio, Gamal Abdel Nasser, tras a crise da canle de Suez, que fixo que converxeran nel as miradas dos panarabistas dos estados veciños. O 5 de febreiro, Nasser foi nomeado presidente da RAU e o 5 de marzo aprobouse a súa Constitución.
Non obstante, tivo unha vida breve. As diferenzas lexislativas, a diferente composición social e das respectivas clases políticas e a presión dos nacionalismos locais, exacerbados polo proceso de unificación, suscitaron todo tipo de problemas. A presidencia de Nasser e a capitalidade no Cairo foi percibida por algúns sectores da sociedade siria como unha anexión de Siria por Exipto. Ao mesmo tempo, a residencia de moitos dos artífices sirios da unificación no Cairo, capital da RAU, afastounos das súas bases de poder. O golpe militar sirio do 28 de setembro de 1961 puxo fin á experiencia de unión, aínda que Exipto seguiu utilizando o nome de República Árabe Unida até 1971.
A bandeira da RAU, de deseño común a moitos Estados árabes, constaba de tres franxas horizontais de cores vermella, branca e negra, con dúas estrelas verdes na franxa branca central que representaban aos dous países. Segue sendo a bandeira da República de Siria.